1. |
Evidencia (New)
03:21
|
|
||
Quixeron afogar os meus soños
no cadorno deste frío inverno
e nisto chegas ti
ao rescate pra resolvelo.
Colliches os meus soños
e cun sopro do teu alento
trouxéchelos á vida
para logo devolvermos.
Estaba eu feliz,
podía soñar de novo
xa tiña o que quería
intentei durmir un pouco...
...para ver que sucedía
se funcionaba todo
e cal foi miña sorpresa?
Volvín, volvín soñar,
soñei, soñei de novo,
mais esta vez contigo
un soño, tras outro, tras outro...
Pero que pasa aquí?
Que foi o que me deches?
Isto non era meu
QUE C* FIXECHES?
E por saber non sei
nin que nome poñerlle
a esta evidencia
que cada día crece
CANTO TE SOÑO!
E QUE POUCO ME QUERES! (x4)
la, laralá, laralá...
|
||||
2. |
Sempre
02:31
|
|
||
Sempre estiveches aí
en cada pedra de sal que caía nas feridas que
outros fixeron por ti
en calquer outro lugar onde eu mendigaba a túa ausencia.
E eu quedei aquí
en alta mar
sen velas nen remos para navegar.
Non sei nadar,
non sei sorrir,
non sei como facer pra sobrevivir...
só queda naufragar.
Sempre dixeches que si,
que poderías remar vento en contra na peor tormenta
pero quixeches nadar
para unha illa fugaz de deserto, espiñas e de area.
Estabamos nós,
eu mirábate a ti,
non tiñamos forza xa para seguir.
Quen remará?
quen se tirará ao mar?
quen terá a coraxe para continuar?
quen quere escapar? x3
|
||||
3. |
Co teu sorriso
03:01
|
|
||
Esta loita continuada
Este peso difícil de levar
Esta espiña que se crava
é a que ti, só ti podes quitar.
E non sabes que
todo pode cambiar
nun segundo
todo pode cambiar
Cantaremos outra vez
la lará la la la
Mirarémonos pra ver
que non pasa nada
Brindaremos pra dicir:
"Sobrevivimos"
Xuntaremonos pra rir
co teu sorriso
E eu estarei aquí
como sempre prometín
vixiando así
como es feliz
pódesme dicir:
"non vai contigo"
e eu podo sorrir
co teu sorriso
E non sabes que
todo pode cambiar
nun segundo
todo pode cambiar
non es consciente de que
todo pode cambiar
Cantaremos outra vez...
|
||||
4. |
Coa mirada
02:19
|
|
||
Xa me vou cansando
de sempre cantar
as mesmas cancións
carentes dun final.
É o mesmo canto
que volve a rexurdir
que ven arrastrando
e que só fala de ti.
Se che deixo... apagala luz
é porque sei os teus ollos de memoria.
E na escuridade, só cos beizos
serás quen de roubarme
o que á luz coa mirada.
Ao rato e ao gato
parecemos xogar
e non é doado
se queres escapar.
Fágome de xeo,
protéxome,meu ben!
E de que me serve?
Derrétome ao te ver.
Se che deixo...
|
||||
5. |
Ninguén
04:05
|
|
||
Antes de sequera poder falar
xa tiñan
excusas pra xulgarnos.
Antes de volvelo a intentar
xa convidaban
a retirarnos.
Agora que non somos nada
podemos selo todo.
Agora que non son ninguén
podo ser o que sempre soñei ser.
E así podo dicir
que non teño nada que
demostrarlle a ninguén.
Sobrevivirei
aínda cos soños no lixo
aínda coa cabeza pisada.
Inventarei
outras historias pra volver comezar
e poder voar lonxe de aquí.
Agora que non somos nada
podemos selo todo.
Agora que non son ninguén
podo ser o que sempre soñei ser.
E así podo dicir
que non teño nada que
demostrarlle a ninguén.
|
||||
6. |
Mirarte
01:57
|
|
||
Os teus ollos non precisan de ningún esforzo
pra falar
falan por si sós.
Iluminan, cegan, matan,
conquistan, prenden, atan...
Tenden trampas pra facerme caer.
Descansan en min pra verme tolear.
Crávanse, crávanse no meu peito.
Son puñáis, verdes puñáis
que me quitan
o alento.
Ollos fatáis, arma letal, o vicio
que máis doe,
mirarte.
Pero deixame morrer,
deixame matar.
|
||||
7. |
Reincidentes
02:45
|
|
||
Somos reincidentes
volvemos tropezar
no fío que deixamos neste labirinto para non nos perder máis.
Somos reincidentes
e ao final resulta que non son inmortal
que bastan os teus ollos pra quitarme a vida, pra me matar.
De "superherois" batalla mortal
o meu lume contra o teu xeo
é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar?
É inevitable
que busque entre a xente ese teu ollar
que ilumina todo e que deixa cego a aquel que o quere contemplar.
É inevitable
a tendencia a achegarnos na distancia aínda máis
pois só busca respostas aquel que ten preguntas...
e ti, qué queres preguntar?
De "superherois" batalla mortal
o teu lume contra o meu xeo
é desafiar, ver quen aguanta máis... eu dispoñome a aguantar!
De "superherois" batalla mortal
o teu lume contra o meu lume
é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar?
|
||||
8. |
Simple
02:30
|
|
||
Co simple que se fai facer as cousas simples
e nós empeñados en complicalas...
Creo
que xa vai sendo hora de deixar de perder o tempo en parvadas.
E ti observas,
e quedas así...
e non dis nada!
"No sé qué decirte"
- dixeches tantas veces que eu xa
perdín a conta e as ganas.
E non ves
que estou aquí
como unha idiota aquí parada
esperando a que te dignes a vir
e perdas o medo e as trabas.
E non ves
que estou aquí
coma se non pasade nada,
pois son os teus ollos
e é a túa mirada que...
É a túa mirada a que me enche
tamén que me paraliza
e ata me quita a fala.
E son os teus ollos
os que non me deixan parar de cantar, de facer trampas.
E que me parece tan inxusto
non poder mirarte
cara a cara.
Porque non existe un "porque"
pra esta maldita distancia.
Cantos quilómetros son necesarios...
pra borrar a túa pegada?
Co simple que se fai facer as cousas simples,
e nós empeñados en complicalas.
|
||||
9. |
A Confusión
02:24
|
|
||
(Para o poeta que me inspirou e deixou de escribir)
Gastas a tinta,
malgastas o tempo
e desgastas as palabras.
Cada novo verso semella
un berro, un laio, un lamento
unha cicatriz ao fin.
Unha ferida que abre e pecha
que intentas curar con sal
que sempre queda aberta.
Ata cando durará
esta tortura túa?
A confusión
ven dada do teu sorriso.
Os teus ollos
prefiren permanecer pechados.
Ollos que non ven,
síntoma de cegueira.
E eu son tinta,
tinta invisible
entre os teus versos...
A confusión
ven dada do teu sorriso.
Os teus ollos
prefiren permanecer pechados.
Ollos que non ven,
síntoma de cegueira.
E eu son tinta,
tinta invisible
entre os teus versos...
|
||||
10. |
Despertar
02:58
|
|
||
Abrázame más fuerte, si cabe, que ayer
y no me dejes en esta noche cerrada.
Te pido que pares el tiempo como sabes hacer
que no es momento para hablar de deudas pagadas.
Será la oscuridad,
fantasmas del ayer,
será el viento huracanado que nos pretende envolver.
Será la falta de escribir,
el ansia por sanar
esas viejas heridas
que parecen no cerrar,
parecen no cerrar.
Ahora mírame a los ojos y déjate ver
que tan solo quiero perderme en tu mirada.
Pero a pesar de estar tan cerca puedo intuir
los casi dos mil años luz que nos separan.
Será el vacío de hoy
será este cielo gris
Será el viento huracanado que nos quiere destruír.
Será mi forma de cantar,
o el fantasma del ayer
quizá los interrogantes que habitan mi mente hoy.
Será mi ingenuidad
el peligro de creer
En la dulce utopía
de que me puedas querer.
Será tener que despertar
de este sueño
|
MJ_perez Galicia, Spain
MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun
xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.
O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, carios singles e diferentes colaboracións.
... more
Streaming and Download help
If you like Ollos que non ven, síntoma de cegueira., you may also like: