We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

(Para o poeta que me inspirou e deixou de escribir)

Gastas a tinta,
malgastas o tempo
e desgastas as palabras.

Cada novo verso semella
un berro, un laio, un lamento
unha cicatriz ao fin.

Unha ferida que abre e pecha
que intentas curar con sal
que sempre queda aberta.

Ata cando durará
esta tortura túa?

A confusión
ven dada do teu sorriso.
Os teus ollos
prefiren permanecer pechados.
Ollos que non ven,
síntoma de cegueira.

E eu son tinta,
tinta invisible
entre os teus versos...

A confusión
ven dada do teu sorriso.
Os teus ollos
prefiren permanecer pechados.
Ollos que non ven,
síntoma de cegueira.

E eu son tinta,
tinta invisible
entre os teus versos...

credits

from Ollos que non ven, s​í​ntoma de cegueira., released August 20, 2013

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: