We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

about

Setembro 2013

lyrics

Co simple que se fai facer as cousas simples
e nós empeñados en complicalas...
Creo
que xa vai sendo hora de deixar de perder o tempo en parvadas.

E ti observas,
e quedas así...
e non dis nada!
"No sé qué decirte"
- dixeches tantas veces que eu xa
perdín a conta e as ganas.

E non ves
que estou aquí
como unha idiota aquí parada
esperando a que te dignes a vir
e perdas o medo e as trabas.

E non ves
que estou aquí
coma se non pasade nada,
pois son os teus ollos
e é a túa mirada que...

É a túa mirada a que me enche
tamén que me paraliza
e ata me quita a fala.
E son os teus ollos
os que non me deixan parar de cantar, de facer trampas.
E que me parece tan inxusto
non poder mirarte
cara a cara.
Porque non existe un "porque"
pra esta maldita distancia.
Cantos quilómetros son necesarios...
pra borrar a túa pegada?

Co simple que se fai facer as cousas simples,
e nós empeñados en complicalas.

credits

from Ollos que non ven, s​í​ntoma de cegueira., released August 20, 2013

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: