We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Somos reincidentes
volvemos tropezar
no fío que deixamos neste labirinto para non nos perder máis.

Somos reincidentes
e ao final resulta que non son inmortal
que bastan os teus ollos pra quitarme a vida, pra me matar.

De "superherois" batalla mortal
o meu lume contra o teu xeo
é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar?

É inevitable
que busque entre a xente ese teu ollar
que ilumina todo e que deixa cego a aquel que o quere contemplar.

É inevitable
a tendencia a achegarnos na distancia aínda máis
pois só busca respostas aquel que ten preguntas...
e ti, qué queres preguntar?

De "superherois" batalla mortal
o teu lume contra o meu xeo
é desafiar, ver quen aguanta máis... eu dispoñome a aguantar!

De "superherois" batalla mortal
o teu lume contra o meu lume
é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar?

credits

from Ollos que non ven, s​í​ntoma de cegueira., released August 20, 2013

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: