We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

Xa me vou cansando
de sempre cantar
as mesmas cancións
carentes dun final.

É o mesmo canto
que volve a rexurdir
que ven arrastrando
e que só fala de ti.

Se che deixo... apagala luz
é porque sei os teus ollos de memoria.
E na escuridade, só cos beizos
serás quen de roubarme
o que á luz coa mirada.

Ao rato e ao gato
parecemos xogar
e non é doado
se queres escapar.

Fágome de xeo,
protéxome,meu ben!
E de que me serve?
Derrétome ao te ver.

Se che deixo...

credits

from Ollos que non ven, s​í​ntoma de cegueira., released August 20, 2013

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: