We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O Que Arde por Dentro

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Perdín a razón, perdín a cabeza,
tardei en decatarme de que este xogo queima.
Debo recoñecer, non ten remedio,
a ver que fago agora co que arde por dentro!

Pechei as portas, pechei as xanelas,
loitei por evitar que todo o lume se estenda.
Pensei en ti, contei ata dez,
saltei o lume para o teu nome esquecer.

Mira para min e escoita o lamento
que esconde o meu cantar de todo o que arde por dentro.
Arrastrarei o corazón á fogueira
para poder matar todo aquilo que me queima.

Ai, ai de min! Quen podería dicir
que estaría penando por aquilo que non foi?

Deixa que pase a noite e que o lume se apague
Deixa que garde todo este berro baixo chave
Collerei as cinzas, chegou o momento
de desterrar de min todo o que arde por dentro

E escribir o final
de aquilo que non virá.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: