We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A Luz Prendida

by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    *Prezo especial de lanzamento online

    Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

1.
Eu son a Guerrilleira, a Guerrilleira das batallas perdidas. A Canción de Guerra esta que che traio, non é máis que un berro algo así como desesperado. Campo de batalla cuberto de espiñas, todas as promesas que quedaron feitas utopía. Hoxe só coa nosa voz non basta…
2.
Dá saltos o meu corazón, e embriágame a ilusión, por facer o meu camiño, seguir a miña intuición. Mais, coma sempre, no mundo contrapuntos ten que haber e algunha mala lingua para darme algún revés, e algún que outro golpe para verme desistir… Mais eu non me rendo, só estou cansada. Que se fas, se non fas, que se deixas de facer, que se sabes para onde vas sen saber de onde vés… Canta, non cantes, faise todo tan pesado! Vou pasar de todo o mundo vou coa música a outro lado. Dá saltos o meu corazón, e embriágame a ilusión, por facer o meu camiño, seguir a miña intuición mais sei ben que esta vida campo de rosas non é miro ben por onde piso a ver se quedo sen pés ou se molesto por ser como son… Non teño medo, só estou cansada. Que se fas, se non fas, que se deixas de facer, que se sabes para onde vas sen saber de onde vés… Canta, non cantes, faise todo tan pesado! Vou pasar de todo o mundo vou coa música a outro lado. Tudo isto esiste tudo isto é triste tudo isto é Fado.
3.
Vai Embora! 02:42
Ai, o sabor doce das tuas mentiras, das palavras com que me enganavas. Eu sou assim, acreditei em tudo. E agora? ...não é verdade nada! E se a vida nos quer voltar a juntar eu quero é não me chateiem a cabeça. Se estás à espera que eu vá de ti atrás eu vou ficar aqui tranquila e quieta. Ai, ai, ai, meu bem, vivi noutra realidade, paralela. Fui tão estúpida, tão cega, o meu tempo perdi com promessas. Ai! Mais se tu um dia mudares de ideias e quiseres voltar… Também, se calhar, eu… também, se calhar, eu… também, se calhar, eu… farta mando-te logo à... Vai embora, vai! E não voltes mais. Vai embora, vai! Para outro lugar. E se a vida nos quer voltar a juntar (...) Vai embora, vai! (...) Também, se calhar, eu… (...) Também, se calhar, eu… vou para nunca mais voltar.
4.
Falan de Ti 02:33
A miña sombra sentada alá non sei onde entre os murmurios sen saber que dicir, coa mirada cravada no horizonte mentres escoito como me falan de ti, mentres escoito como me falan de ti, mentres sobrevivo a que falen de ti. Xa non queda nada do que antes era, agora aquí todo mudou. Vou buscando escusas na miña cabeza para ver se fuxo desta confusión. E na rúa a choiva vai mollando a pedra, Todos os recunchos hoxe falan de ti. A golpe de martelo a memoria teima en preguntar continuamente por ti, en preguntarme unha e outra vez por ti, e non deixar de preguntar por ti… Xa non queda nada do que antes era. Casandra nunca adiviñou que toda esta calma traería tormenta, que a miña loucura apenas comezou. Mentres ando perdida pola cidade buscando alguén para que me fale de ti bebo da loucura e hoxe non deixa de chover e busco alguén que me fale de ti e sigo buscando alguén que me fale de ti… Todos os recunchos falan de ti e a choiva hoxe tamén, tamén fala de ti.
5.
Dime, dime onde estás, por que teimas en fuxir? Dime, dime onde vas, pois tiñas que estar aquí non funciono igual sen ti. Intento disimular na sombra da túa ausencia mais noto que algo me falta e sei que rapidamente todo o mundo se decata. Dime, dime onde estás, non xogues así comigo. Ti sempre co teu vaivén. Isto así non pode ser, non merezo este castigo. Debo de recoñecer que o noso non é perfecto, que moito non encaixamos mais que só xuntas logramos lidar con este universo. Que faría eu sen ti, aínda que pouco nos vemos… Poñer todo do revés, sorrir unha vez ao mes, prender lume ao mundo enteiro. A ti, bendita paciencia, eu dedico esta canción con todo o meu corazón agardando a que veñas.
6.
Cando non quede aire para respirar e falemos de imposibles, cando xa non quede nada para dar e saibas o que perdiches, lembra todo o que tivemos nas mans, todo aquilo que ardeu no silencio, cando xa non quede nada para queimar, cando todo sexa inferno. Xunta a túa man canda min, non falemos de imposibles, porque o que está por vivir ninguén por nós o decide. Cando xa non queden forzas para berrar e afoguemos nos silencios, cando os ríos leven a cor do metal e non haxa privilexios. Lembra todo o que tivemos ao redor, todo aquilo que vendemos ao demo. Cando xa non quede nada para loitar… Defendamos o que temos! Xunta a túa man canda min, non falemos de imposibles, porque o que está por vivir ninguén por nós o decide. Ninguén pregunta por nós, só para aquilo que convén. Que non nos dean a razón só para intentar quedar ben. Nunca miraron por nós, negociaron co futuro. Érguete para dicir NON, podemos cambiar o rumbo.
7.
Se agora arde a casa e eu ardo con ela, a ti que máis che dá pois prendiches a candea. Se agora arde casa con todos os momentos, o lume das mentiras traerá o esquecemento… Non entendiches nada, meu ben, non entendiches nada, e arrasaches con todo ao teu paso. Non comprendiches nada, meu ben, non comprendiches nada, partiches dun golpe o reloxo e o tempo parou. Temos todo o tempo do mundo Insistiches tanto… que eu confiei. Se agora ardo por dentro arrastrando tristuras o orgullo que me queda sacará de novo as uñas para saltar murallas e derrubar atrancos e afrontar o que veña sen medo ao fracaso. Non entendiches nada, meu ben, non entendiches nada, e arrasaches con todo ao teu paso Non aprendiches nada, meu ben, non aprendiches nada, partiches dun golpe o reloxo e o tempo parou, e o tempo parou… Temos todo o tempo do mundo Insistiches tanto… Repetiches tanto, tanto, tanto, tanto… Insistías tanto… que eu confiei.
8.
Mariluz 02:42
Crin perder o horizonte, crin perder as palabras durante tanto tempo sen a túa mirada. Entre a escuridade, rodeada de trampas, ata aquí camiñei para ver a túa luz… Mariluz, ilumíname a alma. Prende a luz, prende a luz, prende a luz, dáme luz, Mariluz.
9.
Non sei como dicilo dun xeito elegante, non sei como dicir que quero máis, non sei dicir que non me conformo ai, non sei… Se me deixaras! Non sei xogar ao mesmo xogo non sei, ai!, pois ti levas vantaxe, ai!, non sei, síntome de mans atadas porque… ai!, se me deixaras! Ai!, non sei, sinto que algo me inquieta ai! non sei… Se me deixaras! Debo confesar que me invade a inquietude ai! cando te achegas. Debo dicir que treme algo en min, ai!, cando te achegas. Porque tes un aquel que namora, que me deixa tola, que me confunde. Porque vés con ese teu algo especial empúrrasme a cantar… Se me deixaras! Porque vés con ese teu algo especial perderíame en ti se me deixaras! Ai, ai, ai! Ábreme a porta, aínda que sexa só por un día! Ai, ai, ai! Déixame entrar, por favor! Perderíame en ti se me deixaras! Ai, ai, ai! Déixame entrar, por favor! Perderíame en ti se me deixaras!
10.
Sen falar, ben sabemos que a distancia é algo que non deixa de medrar. Sen pensar en que todo o que facemos inflúe para ben ou para mal. Quen pode acougar entre tanto mal? Ás veces custa respirar. Non podo vivir tendo que aprender a non confiar en ninguén. Súmate ao meu cantar, ven bailar hoxe comigo e dime que non hai máis pedras neste camiño que puxeron para tropezar que puxeron para tropezarmos nós. Sen noción do ben e do mal é doado xogar a mancar. Sen perdón non ten sentido esta vida, pero antes telo que buscar. Quen pode sorrir coa conciencia de andar xogando con alguén? Non podo vivir tendo que aprender a non confiar en ninguén. Súmate ao meu cantar, ven bailar hoxe comigo e dime que non hai máis pedras neste camiño que puxeron para tropezar que puxeron para tropezarmos nós. Dime que non foi real, só un mal soño vivido e que só con cantar afastamos o inimigo para así voltar a camiñar sen atrancos para tropezar, sen atrancos para tropezarmos nós… Que nos deixen bailar en paz, ao noso compás, co noso sorriso.
11.
De toda a vida chámanme louca só polo meu cantar. De toda a vida chámenme louca por andar a soñar. Se agora intento achegarme a ti, rápido das tres pasos para atrás. E eu cantando esta cumbia para as penas che quitar. Se agora vés achegarte a min, poida que dea tres pasos atrás, que todo isto só é unha escusa para sacarte a bailar. Teño ganas de voar para matar a saudade. Ninguén me pode parar, camiño á liberdade. Non deixarei de soñar, tampouco penso amargarme. Ninguén me pode parar, camiño á liberdade.
12.
Cantos días teñen que pasar para matar esta saudade? Canto peso teño que cargar para sentir a liberdade? Cada noite lanzo un berro para que sintas o cansazo das noites que desespero intentando entender algo, intentando esquecer. Agora non contes comigo, que xa bastante andei a rastro, que xa nin o corazón sinto que xa non sei como arranxalo… Voltar a comezar. Se cadra queda esperanza gardada nalgún caixón ou naquelas palabras mudas da túa covardía. Se cadra queda algo máis alá das mentiras non tiven máis para che dar así que ti nada me pidas. Que se queres vir, ven, se non queres, non veñas, que eu deixo prendida a luz por se regresas. Eu non agardo por ti sigo facendo camiño non teño tempo que perder e de ninguén preciso. Se cadra queda esperanza gardada nalgún caixón… Se cadra queda algo máis alá das mentiras…
13.
Quen che dixo a ti que a vida non che garda unha sorpresa? Quen che dixo a ti que non podes rematar doutra maneira? Coida ben cada paso que deas, mira ben de non pisar cabezas… Quen a ferro mata a ferro morre! A pesar de ti seguirá xirando de igual xeito a Terra, pois nin eu nin ti somos tan imprescindibles como pensas. Xa é hora de espertar da cegueira, sementas vento e tempestades colleitas. Quen a ferro mata a ferro morre! Ninguén está por riba de min e eu non estou por riba de ninguén. Ninguén é máis ca min e eu non son máis ca ninguén. Quen a ferro mata a ferro morre!
14.
Perdín a razón, perdín a cabeza, tardei en decatarme de que este xogo queima. Debo recoñecer, non ten remedio, a ver que fago agora co que arde por dentro! Pechei as portas, pechei as xanelas, loitei por evitar que todo o lume se estenda. Pensei en ti, contei ata dez, saltei o lume para o teu nome esquecer. Mira para min e escoita o lamento que esconde o meu cantar de todo o que arde por dentro. Arrastrarei o corazón á fogueira para poder matar todo aquilo que me queima. Ai, ai de min! Quen podería dicir que estaría penando por aquilo que non foi? Deixa que pase a noite e que o lume se apague Deixa que garde todo este berro baixo chave Collerei as cinzas, chegou o momento de desterrar de min todo o que arde por dentro E escribir o final de aquilo que non virá.
15.
Luz ao Lonxe 04:35
Se miras máis alá de ti podes ver que hai horizonte, que todo vai máis alá de nós, que hai luz ao lonxe. Sentada aquí, non me teño en pé e aínda noto os vampiros chupándome o sangue. Voltarei a andar, algo inventarei, pois en teimosía non hai quen poida comigo. Seguirei aquí, a pesar de ti, a pesar de todo. Seguirei aquí, teimarei aquí, loitarei aquí… Se miras máis alá de ti podes ver que hai horizonte, que todo vai máis alá de nós, que hai luz ao lonxe. Que ninguén se compadece de nós, non, nin fai falla. A túa forza pola boca marchou e xa non tes nada, nada para dar, nada para loitar nesta batalla… Hoxe só coa nosa voz non basta. Seguirei aquí, teimarei aquí, loitarei aquí… Faise duro andar co que hai que ver, Hoxe a xente só se move polo interese. Rachemos con todo, reinventemos isto, eu quero loitar por ter un futuro distinto. Seguiremos aquí, a pesar de vós, arrasastes todo. Seguiremos aquí, loitaremos aquí, a pesar de ti. Se miras máis alá de ti podes ver que hai horizonte, que todo vai máis alá de nós, que hai luz ao lonxe. Que ninguén se compadece de nós, non, nin queremos. Que esta loita aínda non rematou e resistiremos. Porque ten que ser, porque é de lei, o futuro é noso e hoxe só coa nosa voz non basta. Seguiremos aquí, teimaremos aquí, a pesar de ti…

about

A Luz Prendida é o cuarto álbum de MJ Pérez, segundo de estudio. É un disco de 15 temas no que a luz é protagonista, presente de forma constante ao longo de todo o traballo.

Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET

credits

released March 1, 2020

“A Luz Prendida” é un álbum autoproducido no que toda a produción executiva e artística correu a cargo de MJ Pérez, mais non sería posible sen todas estas persoas:


AILÉN KENDELMAN - Percusións e Bateria (Excepto “Luz ao lonxe”). Violín en “Vai Embora!”.

ALBERTO RAMA - Batería no tema “Luz ao lonxe”

LAURA ROMERO - Baixo (Excepto “Cumbia”)

IVÁN BERNÁRDEZ - Guitarra Eléctrica. Baixo no tema “Cumbia”

RICHI CASÁS - Saxo Alto, Saxo Tenor.

MARÍA PRADO - Trompeta

PAULA LÓPEZ - Trombón

ANTONIO FACAL - Violín (Excepto “Vai Embora!”)

LUCÍA LÓPEZ - Cello no tema “Co noso sorriso”

SOFÍA ESPIÑEIRA - Voces e Coros

COROS (Colaboraron tamén) - Amanda Pinos, Antonio Facal e Iago González

MJ PÉREZ - Composición, Letra, Guitarra (clásica e acústica), Voz e Coros.

——
ARRANXOS

Se ben este é un proxecto “en solitario”, este álbum é unha obra colectiva froito da colaboración e participación dunha serie de persoas grazas ás que “A Luz Prendida” pasou a ser unha realidade. Cada unha sumou o seu bo facer ao fronte do seu instrumento, con arranxos sobre o mesmo complementados coa idea base e arranxos iniciais de MJ. Os arranxos da sección de ventos foron realizados a cargo de Richi Casás. A idea dos arranxos de “Mariluz” partiu de Ailén Kendelman.

--

“VAI EMBORA!” - Laura Romero (Baixo), Ailén Kendelman (Violín e Batería), Pablo González (Teclado), MJ Pérez (Composición, Letra, Guitarra e Voz). Gravado por Paco Cerdeira no estudio de Zënzar. Mistura e Máster da versión álbum por Iago Blanco.

“COA MÚSICA A OUTRO LADO” - Iserto final da peza “Tudo isto é Fado” de Aníbal Nazaré e Fernando Carvalho.




GRAVACIÓN

IAGO BLANCO - Este disco foi Gravado, Misturado e Masterizado por Iago Blanco en Drum&Roll Studios.

ELOY VIDAL - Gravación de batería e percusión nalgúns dos temas e grabación de ventos nos estudios da Escola da Rúa (Carballo).



ARTE

JOANA COSTA: Deseño xeral da liña artística do álbum e Ilustración.

LIDYA QUEIRUGA: Fotografía.

Maquetación do álbum: MJ Pérez.

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like A Luz Prendida, you may also like: