We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Non Entendiches Nada

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Se agora arde a casa
e eu ardo con ela,
a ti que máis che dá
pois prendiches a candea.

Se agora arde casa
con todos os momentos,
o lume das mentiras
traerá o esquecemento…

Non entendiches nada, meu ben,
non entendiches nada,
e arrasaches con todo ao teu paso.

Non comprendiches nada, meu ben,
non comprendiches nada,
partiches dun golpe o reloxo
e o tempo parou.

Temos todo o tempo do mundo
Insistiches tanto…
que eu confiei.

Se agora ardo por dentro
arrastrando tristuras
o orgullo que me queda
sacará de novo as uñas
para saltar murallas
e derrubar atrancos
e afrontar o que veña
sen medo ao fracaso.

Non entendiches nada, meu ben,
non entendiches nada,
e arrasaches con todo ao teu paso

Non aprendiches nada, meu ben,
non aprendiches nada,
partiches dun golpe o reloxo
e o tempo parou,
e o tempo parou…

Temos todo o tempo do mundo
Insistiches tanto…
Repetiches tanto, tanto, tanto, tanto…
Insistías tanto…
que eu confiei.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: