We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Luz ao Lonxe

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Se miras máis alá de ti
podes ver que hai horizonte,
que todo vai máis alá de nós,
que hai luz ao lonxe.

Sentada aquí,
non me teño en pé
e aínda noto os vampiros chupándome o sangue.

Voltarei a andar,
algo inventarei,
pois en teimosía non hai quen poida comigo.

Seguirei aquí, a pesar de ti, a pesar de todo.
Seguirei aquí, teimarei aquí, loitarei aquí…

Se miras máis alá de ti
podes ver que hai horizonte,
que todo vai máis alá de nós,
que hai luz ao lonxe.

Que ninguén se compadece de nós, non,
nin fai falla.

A túa forza pola boca marchou
e xa non tes nada,
nada para dar, nada para loitar nesta batalla…
Hoxe só coa nosa voz non basta.

Seguirei aquí, teimarei aquí, loitarei aquí…

Faise duro andar
co que hai que ver,
Hoxe a xente só se move polo interese.

Rachemos con todo,
reinventemos isto,
eu quero loitar por ter un futuro distinto.

Seguiremos aquí, a pesar de vós, arrasastes todo.
Seguiremos aquí, loitaremos aquí, a pesar de ti.

Se miras máis alá de ti
podes ver que hai horizonte,
que todo vai máis alá de nós,
que hai luz ao lonxe.

Que ninguén se compadece de nós, non,
nin queremos.

Que esta loita aínda non rematou
e resistiremos.
Porque ten que ser, porque é de lei, o futuro é noso
e hoxe só coa nosa voz non basta.

Seguiremos aquí, teimaremos aquí, a pesar de ti…

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: