Falan de Ti

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

A miña sombra sentada alá non sei onde
entre os murmurios sen saber que dicir,
coa mirada cravada no horizonte
mentres escoito como me falan de ti,
mentres escoito como me falan de ti,
mentres sobrevivo a que falen de ti.

Xa non queda nada do que antes era,
agora aquí todo mudou.
Vou buscando escusas na miña cabeza
para ver se fuxo desta confusión.

E na rúa a choiva vai mollando a pedra,
Todos os recunchos hoxe falan de ti.
A golpe de martelo a memoria teima
en preguntar continuamente por ti,
en preguntarme unha e outra vez por ti,
e non deixar de preguntar por ti…

Xa non queda nada do que antes era.
Casandra nunca adiviñou
que toda esta calma traería tormenta,
que a miña loucura apenas comezou.

Mentres ando perdida pola cidade
buscando alguén para que me fale de ti
bebo da loucura e hoxe non deixa de chover
e busco alguén que me fale de ti
e sigo buscando alguén que me fale de ti…
Todos os recunchos falan de ti
e a choiva hoxe tamén,
tamén
fala de ti.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: