We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Co Noso Sorriso

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Sen falar,
ben sabemos que a distancia
é algo que non deixa de medrar.
Sen pensar en que todo o que facemos inflúe
para ben ou para mal.

Quen pode acougar
entre tanto mal?
Ás veces custa respirar.
Non podo vivir tendo que aprender
a non confiar en ninguén.

Súmate ao meu cantar,
ven bailar hoxe comigo
e dime que non hai
máis pedras neste camiño
que puxeron para tropezar
que puxeron para tropezarmos nós.

Sen noción do ben e do mal
é doado xogar a mancar.
Sen perdón non ten sentido esta vida,
pero antes telo que buscar.

Quen pode sorrir
coa conciencia de andar xogando con alguén?
Non podo vivir tendo que aprender
a non confiar en ninguén.

Súmate ao meu cantar,
ven bailar hoxe comigo
e dime que non hai
máis pedras neste camiño
que puxeron para tropezar
que puxeron para tropezarmos nós.

Dime que non foi real,
só un mal soño vivido
e que só con cantar
afastamos o inimigo
para así voltar a camiñar
sen atrancos para tropezar,
sen atrancos para tropezarmos nós…

Que nos deixen
bailar en paz,
ao noso compás,
co noso sorriso.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: