We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Casandra

from Casandra by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.60 EUR  or more

     

lyrics

Hoxe quero cantar
Baixo un ceo distinto
Onde respire ben
Onde me sinta ben

E non penso calar
Guíame o meu instinto
Quero sentirme ben
Quero sentirme ben

Quero sentirme ben
Quero sentirme ben
Só quero sentirme ben
Ou non penso volver

Queren verme fuxir
E darme por vencida
Non veño a contentar
Mais non penso calar

Palabras xordas son
Para persoas tan necias
Que non queren oír
Que non saben oír

Que non queren oír
Non nos queren oír
Rompe o silencio, que
Hai moito por facer

E eu sigo loitando
Alzando o meu berro
E anque quede sen voz
Non cesa o meu empeño
Mais ás veces canso
Afunden os meus versos
De que serve falar
Cando ninguén dá creto?
Pero sigo en pé
Non me deixo vencer

Farta do ceo gris
E do conflito absurdo
Dos que non queren comer
Nin deixan comer

E fan que custe respirar
Neste ambiente envelenado
Abre esa fiestra
Que quero ver o mar!
E quero respirar
E quero respirar
Un aire limpo que
Renove o meu ser

Todos os meus pasos
Sinalan co dedo
Sen nada que perder
Tampouco nada temo
Faga o que faga
Todo se cuestiona
E eu sigo a camiñar
Pois xa veño de volta
Basta de mentir!
Basta de mentir!
Basta de mentir
Que non vos queda ben!

credits

from Casandra, released September 30, 2017
Música e Letra: MJ Pérez
Arranxos xerais: Inés Mirás e MJ Pérez
Percusión: Alberto Rama
Guitarra: Diego Fiuza
Baixo: Inés Mirás
Guitarra Acústica e Voz: MJ Pérez

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: