We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Casandra

by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    *Precio especial de venda dixital

    Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Teño moi presente Que isto non é fácil de encaixar. Pero a vida é breve E eu só creo no incondicional. E eu aquí, estou aquí, Para dalo todo sen esperar nada de ti Por ti, eu por ti, sen condicións, E sen nada máis que dicir. Por ti correría o risco Apostaría todo sen medo a perder ou gañar. E ti, farías o mesmo? Apostarías todo, sen medo a perder ou... Romper os esquemas, Andar polo mundo do revés. E eu aquí, estou aquí, Non me conformo, Queda moito por construír En ti e ti en mi, sen condicións, E un horizonte por descubrir. Por ti correría o risco Apostaría todo sen medo a perder ou gañar. E ti, farías o mesmo? Apostarías todo sen medo a perder ou gañar? Promesas no papel Vanse co vento cando chegamos a perder. Palabras de cristal é o que nos queda cando chegamos a gañar. E di, que pensas facer? Apostaría todo sen medo a gañar ou perder. Se por ti quero apostar Apostaría todo sen medo a perder ou gañar Correndo o risco de perder, Sen ter nada que gañar. Por ti correría o risco Apostaría todo sen medo a perder ou gañar. E ti, farías o mesmo? Apostarías todo sen medo a perder ou gañar? E di, que poder suceder? Apostaría todo sen medo a gañar ou perder. Se por ti quero apostar Apostaría todo sen medo a perder ou gañar Correndo o risco de perder, Sen ter nada que gañar. Por ti correría o risco Apostaría todo sen medo a perder ou gañar. E ti, farías o mesmo? Apostarías todo sen medo a perder ou gañar? Sen medo a perder ou gañar. Sen medo a perder ou gañar. Sen medo a perder ou gañar.
2.
Ai De Min! 03:27
Ai...! Ai de min! Creo que metín a pata ata o fondo Porque che contei todo, todo! Todo... referente a min Ai...! Que mala cabeza! Mira ti que son pésima estratega! Creo que ao final conseguín Que non teñas nada por descubrir E así eu vou cantando E ti vas marcando o ritmo E este baile non ten fin Que da túa man eu ando E nos teus ollos confío E que máis podo pedir? Mais, mira, non te confíes Que nada é o que parece Que eu xogo ao despiste E co misterio da man Mais ti abriches a porta Quen puidera ser inmune! E non ter nada na alma Que se puidera roubar Que se puidera roubar Que se puidera roubar Que se puidera roubar Ai...! Ai... que si! Que agora xa tes ti toda a vantaxe Que xa me perdín nesta viaxe Que me perdín en ti E así eu vou cantando E ti vas marcando o ritmo E este baile non ten fin Que da túa man eu ando E nos teus ollos confío E que máis podo pedir? E ao final ti venciches E eu quedei desarmada Derrubaches a muralla E o misterio quebrou! Porque abriches a porta Quen puidera ser inmune! E non ter nada na alma Que se puidera roubar Que se puidera roubar Que se puidera roubar Que se puidera roubar
3.
Casandra 04:18
Hoxe quero cantar Baixo un ceo distinto Onde respire ben Onde me sinta ben E non penso calar Guíame o meu instinto Quero sentirme ben Quero sentirme ben Quero sentirme ben Quero sentirme ben Só quero sentirme ben Ou non penso volver Queren verme fuxir E darme por vencida Non veño a contentar Mais non penso calar Palabras xordas son Para persoas tan necias Que non queren oír Que non saben oír Que non queren oír Non nos queren oír Rompe o silencio, que Hai moito por facer E eu sigo loitando Alzando o meu berro E anque quede sen voz Non cesa o meu empeño Mais ás veces canso Afunden os meus versos De que serve falar Cando ninguén dá creto? Pero sigo en pé Non me deixo vencer Farta do ceo gris E do conflito absurdo Dos que non queren comer Nin deixan comer E fan que custe respirar Neste ambiente envelenado Abre esa fiestra Que quero ver o mar! E quero respirar E quero respirar Un aire limpo que Renove o meu ser Todos os meus pasos Sinalan co dedo Sen nada que perder Tampouco nada temo Faga o que faga Todo se cuestiona E eu sigo a camiñar Pois xa veño de volta Basta de mentir! Basta de mentir! Basta de mentir Que non vos queda ben!
4.
Pasan neste mundo Cousas tan extrañas Asombrosos feitos Que me deixan aparvada E hoxe estou aquí Agora estou contigo E ti máis eu xuntos imos abrindo este camiño Se non queren vir Se quedo só contigo Mira ti por onde que ata me gusta este castigo Se non vén ningén Se non están contentos Mira ti por onde que non está no meu pensamento E que nos sinalen E que nos critiquen Que se tiren ben dos pelos Se así son máis felices Que falen de nós Que digan o que queiran Que eu coa túa presenza xa me dou por contenta Se non queren vir Se quedo só contigo Mira ti por onde que ata me gusta este castigo Se non vén ningén Se non están contentos Mira ti por onde que non está no meu pensamento
5.
Abril 04:05
Quedei pasmando Mirando o teu ollar Era tan transparente Que decidín quedar E ti aí Sen dicir palabra Basta con sorrir Basta con cantar Lará la lá la Lá lara láaaaa Lara lala la la lara lá Lá lara lá laaaa Lá lara láaaaa Chamei á túa porta Pouco convencida E quixeches abrir Vaia! Mira ti, como é a vida! Vouche cantar Que mo pide o corpo Trouxeches abril Revolucionaches todo Que ás veces hai Que romper con todo Para volvelo facer Para facelo ben #INSTRUMENTAL Sigo pasmando Mirando o teu sorriso Que queres de min? Eu déixome querer! E ti aí Sempre sen pedir nada Basta con sorrir Basta con cantar Lará la lá la Vouche cantar Que mo pide o corpo Trouxeches abril Revolucionaches todo Que ás veces hai Que romper con todo Para volvelo facer Para facelo ben
6.
Cando te canses De xogar con lume De andar vendendo De andar comprando fume Cando te canses De andar a cegas Dando mil golpes Partindo a testa Cando te canses Eu xa cheguei aquí A este lugar Ao noso punto de espera Onde prometimos atoparnos #INSTRUMENTAL Cando te canses De gastar os beizos De andar probando A que sabe o veleno Ai, Cando te canses De buscar tesouros Cando o que brila Non sempre é ouro Cando te canses Eu xa cheguei aquí A este lugar Ao noso punto de espera Sen saber se vas vir Cando te canses De ter medo de min E queiras vir Ao noso punto de espera Se cadra xa fuxín Vivirei feliz lonxe de ti
7.
Non quero nada de ti Eu non che pido nada Máis o fío do que pendo é o silencio que nos ata O fío do que pendo é o silencio que nos ata E non che penso contar Nin decir media palabra Porque ás veces no silencio é como mellor se fala Ás veces no silencio é como mellor se fala. O fío do que pendo é o silencio que nos ata Corre, corre fuxe de aquí e escapa Eu non sei que fas aquí se non perdiches nada Corre, corre fuxe de aquí e escapa De non ser polos temores sobrarían as palabras De non ser polos temores sobrarían as palabras. Non quero pensar en ti Eu non che debo nada Pero canto máis me afasto máis recordo a túa mirada Canto máis me afasto máis recordo a túa mirada. É non quero continuar rodeada de pantasmas Máis escoita o meu silencio e esquece as miñas palabras Escoita o meu silencio e esquece as miñas palabras. O fío do que pendo é o silencio que nos ata Corre, corre fuxe de aquí e escapa Que non sei que fas aquí se non perdiches nada Corre, corre fuxe de aquí e escapa De non ser polos temores sobrarían as palabras De non ser polos temores sobrarían as palabras
8.
Sempre 02:53
Sempre estiveches aí En cada pedra de sal Que caía nas feridas que Outros fixeron por ti En calquera outro lugar Onde eu mendigaba a túa ausencia E eu quedei aquí En alta mar Sen velas nen remos para navegar Non sei nadar Non sei sorrir Non sei como facer para sobrevivir Só queda naufragar! Sempre dixeches que si Que poderías remar Vento en contra na peor tormenta Pero quixeches nadar Cara unha illa fugaz De deserto, espiñas e de area Estabamos nós Eu mirábate a ti Non tiñamos forza xa para seguir Quen remará? Quen se tirará ao mar? Quen terá a coraxe para continuar? Quen quere escapar? Quen quere escapar? Quen quere escapar? Quen quere continuar? Quen quere continuar?
9.
Ninguén 03:44
Antes de sequera poder falar Xa tiñan excusas para xulgarnos Antes de volvelo a intentar Xa convidaban a retirarnos Agora que non somos nada Podemos selo todo E agora que non son ninguén Podo ser o que sempre soñei ser E así podo dicir Que non teño nada que Demostrarlle a ninguén Sobrevivirei Aínda cos soños no lixo Aínda coa cabeza pisada Inventarei Outras historias para volver comezar E poder voar lonxe de aquí Agora que non somos nada Podemos selo todo E agora que eu non son ninguén Podo ser o que sempre soñei ser E así podo dicir Que non teño nada que Demostrarlle a ninguén

about

Casandra é o terceiro disco de MJ Pérez, primeiro de estudio. Un álbum de nove temas que marca un punto de inflexión na traxectoria desta cantautora.

credits

released September 30, 2017

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Casandra, you may also like: