We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Canci​ó​n Leg​ü​era

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Cando non quede aire para respirar
e falemos de imposibles,
cando xa non quede nada para dar
e saibas o que perdiches,
lembra todo o que tivemos nas mans,
todo aquilo que ardeu no silencio,
cando xa non quede nada para queimar,
cando todo sexa inferno.

Xunta a túa man canda min,
non falemos de imposibles,
porque o que está por vivir
ninguén por nós o decide.

Cando xa non queden forzas para berrar
e afoguemos nos silencios,
cando os ríos leven a cor do metal
e non haxa privilexios.
Lembra todo o que tivemos ao redor,
todo aquilo que vendemos ao demo.
Cando xa non quede nada para loitar…
Defendamos o que temos!

Xunta a túa man canda min,
non falemos de imposibles,
porque o que está por vivir
ninguén por nós o decide.

Ninguén pregunta por nós,
só para aquilo que convén.
Que non nos dean a razón
só para intentar quedar ben.

Nunca miraron por nós,
negociaron co futuro.
Érguete para dicir NON,
podemos cambiar o rumbo.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: