We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Bendita Paciencia

from A Luz Prendida by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.90 EUR  or more

     

lyrics

Dime, dime onde estás,
por que teimas en fuxir?
Dime, dime onde vas,
pois tiñas que estar aquí
non funciono igual sen ti.

Intento disimular
na sombra da túa ausencia
mais noto que algo me falta
e sei que rapidamente
todo o mundo se decata.

Dime, dime onde estás,
non xogues así comigo.
Ti sempre co teu vaivén.
Isto así non pode ser,
non merezo este castigo.

Debo de recoñecer
que o noso non é perfecto,
que moito non encaixamos
mais que só xuntas logramos
lidar con este universo.

Que faría eu sen ti,
aínda que pouco nos vemos…
Poñer todo do revés,
sorrir unha vez ao mes,
prender lume ao mundo enteiro.

A ti, bendita paciencia,
eu dedico esta canción
con todo o meu corazón
agardando a que veñas.

credits

from A Luz Prendida, released March 1, 2020

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: