We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A Peza Solta

by MJ_perez

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.95 EUR  or more

     

about

A Peza Solta ft. Lidia Bao
Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET

lyrics

//Ninguén me viu fuxir sen ti na marxe
Pero eu estaba aí,
Á beira do que ocorre pola boca.
Sentirme baixo a lingua impronunciable.
Facer das cordas unha guerra
Camiñar sen arco, sen camiño
Loitando a contraluz os pés desaparecen tras a pedra,
Deter a voz no traste para que me traduzas a memoria.//

Que fácil e sinxelo é esquecer
tapándolle os ollos á memoria
sen pararnos un minuto a pensar
se quedou algunha peza solta.

//Para que me traduzas gáñame
písame ou para a historia.
Que a guerra é fría
E e o xeo corta
Córtame ti que me incompletas.//

Dixéronme que tiña que calar
se quería cantar, cantar vitoria.
Mais non sei canto poderei aguantar,
porque é isto o que me cansa, o que me esgota.

Que fácil e sinxelo é esquecer
//ESQUÉCEME//
tapándolle os ollos á memoria
//LÉMBRAME//
sen pararnos un minuto a pensar
//PÉNSAME//
se quedou algunha peza solta.

//Estranxeirízame.
Faime prohibida e que me doa.
Pero non, non me fagas camiño.
Non me reescribas.//

Que fácil e sinxelo é fuxir
cando ven o vento e ven en contra
E eu xa non sei se chorar ou rir...
porque é isto o que me cansa, o que me esgota.

Rompería os teus esquemas desta vez
//AGORA//
só fai falla que mo propoña
Que fácil e sinxelo é esquecer
//ESQUÉCEME//
tapándolle os ollos á memoria
sen pararnos un minuto a pensar...
se quedou algunha peza solta
que non podo encaixar,
que non quere encaixar,
que non pode encaixar,
non consigo encaixar...

//Á beira do que ocorre.
A guerra fría.
Esta lingua sen ti.
Na marxe.
Estou na marxe.
Písame.
Estaba aí.
Cega.
Impronunciable.//

Que non podo encaixar,
que non quere encaixar,
que non pode encaixar,
non consigo encaixar...

credits

released November 1, 2017
Gravación, Mistura e Máster: Paco Cerdeira
Colaboración especial: Lidia Bao

Percusión: Alberto Rama
Baixo: Diego Fiuza
Violín: Inés Mirás
Guitarra e voz: MJ Pérez

Música e Letra: MJ Pérez
Arranxos: Inés Mirás

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like MJ_perez, you may also like: