We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Guerrilleira

by MJ_perez

/
  • Streaming + Download

    Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET
    Descarga GRATIS este álbum:
    Purchasable with gift card

     

1.
A canción de guerra esta que che traio non é máis que un berro algo así como desesperado. Campo de batalla pragado de espiñas todas as promesas que quedaron feitas utopía Uns veñen, outros van e nós seguimos aquí dando guerra. En que estabas a pensar cando fuxiches para outra trincheira? Xa non podo atacar, non teño armas, mátame como queiras. Quen quere rematar? se ao final só nos queda... Contar ata dez podes disparar se o queres facer, mellor faino xa. O grito de guerra o da reconquista levantarse tras o golpe esa é a vitoria miña. Ninguén neste mundo fará que me rinda o tempo será quen dé a cada un súa medicina Uns veñen, outros van...
2.
3.
Quixera falar quixera dicir todo aquilo que non podo que non debo por temor Temor a perder a perderte a ti perder todo canto teño perder a noción de min Soubemos xogar a sobrevivir cando chovian coitelos que nos lanzaron a matar Mais non podo falar só podo mirar, morder a lingua, arrabear... arrabear! E canto máis teño que morder que morder a lingua máis sangra máis rápido sangra o meu corazón (bis) máis rápido sangra o meu corazón vaise desangrando o meu corazón.
4.
Trampa 02:25
Estaría ben facer algo orixinal non volver a comenzar sempre co mesmo argumento. Sería bo achegarse un pouco máis sen chegar a tropezar e caer de cheo dentro. Nós facemos uso da trampa porque soa ambicioso. Se tal, podesme buscar, podesme atopar e marchar. Eu estou aquí, xa ves que non me movo. Se tal, podesme buscar, podesme atopar e marchar. Haste arrepentir se marcho e non volvo. Se tal, podesme buscar, podesme atopar e quedar... preto.
5.
Escoitei "O son da xordeira" para esquecer por fin a túa voz E queimei na túa fogueira o que quedou de min despois de sermos NÓS AMOR TE AMAR TE Cal é a relación? Reciprocidade... Que é a morte se non mata? Que é morrer sen amor? Coser as feridas de guerra con mil caraveis coa túa revolución E en cada batalla o dilema de amar ata morrer ou de morrer de amor AMOR TE...
6.
Viñeran uns cantos queríanme roubar todo o que levaba de ti despois da última derrota Que mo quiten, que se atrevan! Que me quiten todo o que eu che din Que o intenten, que se atrevan! Que me quiten todo o que eu che roubei a ti E agora eu na cima máis alta podo berrar que é miña a vitoria que hei de gañar vouno lograr! vouno lograr! Viñeran uns cantos quixéronnos roubar todo o que quedaba de nós despois da última vitoria Que nos quiten, que se atrevan! que nos quiten todo o que fomos nós Que o intenten, que se atrevan! que nos quiten todo, ata a razón Porque nós na cima máis alta podemos berrar que é nosa a vitoria, que habemos gañar ímolo lograr! ímolo lograr! Compartimos trincheira, compartimos corazón… oh oh oh oh… (bis) O inimigo nunca fomos nós ningún mal fixemos a ninguén por querérmonos.
7.
A Peza Solta 04:23
8.
Todos cren que camiñamos igual que pensamos igual que todo é o mesmo E se ti nadas cara outro mar contracorrente nadar xa non é o mesmo Eu doulle unha volta máis porque non me conformo Sinto non ser coma ti sinto se son un estorbo Eu non pedín a ninguén que me entendese Se o intentaches facer só podo compadecerme de ti... Todos din que cantemos igual que falemos igual que todo sexa o mesmo E se ti xa non cantas igual ou non falas igual entón xa non é o mesmo Eu doulle unha volta máis...
9.
Eles miraban pra nós elas tamén miraban só sabían falar do que non sabían nada Era fácil e sinxelo estar toda a tarde sentada mirando a vida pasar falar de todo o que pasa Non sabían que dicir e por iso inventaban porque non tiñan guión porque algo lles picaba Falaban de todos nós mais nunca se lembraban de parar a mirar o que tiñan na casa Agora eu falo para ti. Rio na tua cara. Eu não gosto de ti, tu não gostas de nada. Tens dor de cotovelo, eu não posso fazer nada. Só ter pena de ti, pena do que tu falas que não tem nada a ver contigo...
10.
Estoupar 02:45
Ti chegaches aquí, oh oh oh Un furacán en min... oh oh oh A indiferenza en ti, oh oh oh é a ferida en min... oh oh oh E é que eu non podo máis e ti, e ti coa túa inmortalidade E eu a piques de estoupar e ti, inmune ao meu ataque... E ti, ti podes mirar pódesme mirar pero non ves nada non sei como facerme ver se miras para min pero non ves nada E eu, eu podo mirar pódote mirar e quedar calada non sei como deixar de verte mirar para ti para non ver nada E o tempo pasa en min, oh oh oh non deixo de sentir... oh oh oh que de non ser por ti, oh oh oh non seguiría aquí... oh oh oh E é que eu non podo máis...
11.
Sentenza 04:15
Que dicir agora, se ata custa respirar. Que dicir mirándote aos ollos se non son quen de falar. Xa non teño excusa. Xa non sei que inventar. Se eu a ti non podo enganarte, non podo disimular. E non, non podo máis… Seguir así, sempre calar. E non… Para qué tapar aquilo que só ti sabes mirar. Se eu nacín para loitar, pra morrer loitando. Por iso non vou fuxir, quedo batallando. Sempre aquí ao teu carón. Na mesma trincheira, na que aprendín a soñar e fun túa compañeira. E non podo evitar seguir aquí… estar, teimar. E non. Por qué renunciar? Ao que me fai sorrir, ao que me fai cantar. Cicatriz en min, con pedra de sal, nas feridas que son túas, só túas. E agora qué? Vólvesme a atopar… Pois eu son a guerrilleira que non sabe o que é un final. Non deixa de loitar.
12.
Queria Fuxir 03:37
Pode ser, quizáis, que empece a decatarme de que o final, a fin de este camiño, non sexa máis que un mero inicio do que está por vir. Pode ser que eu estivese enganada ao querer loitar por salvar a túa pantasma… e mentirme a min dicindo que sabía quen eras ti. Atopei o camiño que me afasta de ti. Quería escaparme, quería fusil, Atopei a cegueira para deixar de ver. Quería escaparme, quería esquecer. E ti, que fas aquí? Así non hai quen me arrede de ti! Pode ser que si, que tiveses a razón. Aínda que eu non cha quixese dar. Preferín mentir e poñerme a soñar contigo, sen ti. Pode ser, non sei, que eu che importe algo e o que for de min de aquí a uns cantos anos. Mais parece ser que só son unha peza no teu xadrez. Atopei o camiño...

credits

released July 25, 2015

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like MJ_perez, you may also like: