We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ollos que non ven, s​í​ntoma de cegueira.

by MJ Pérez

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Quixeron afogar os meus soños no cadorno deste frío inverno e nisto chegas ti ao rescate pra resolvelo. Colliches os meus soños e cun sopro do teu alento trouxéchelos á vida para logo devolvermos. Estaba eu feliz, podía soñar de novo xa tiña o que quería intentei durmir un pouco... ...para ver que sucedía se funcionaba todo e cal foi miña sorpresa? Volvín, volvín soñar, soñei, soñei de novo, mais esta vez contigo un soño, tras outro, tras outro... Pero que pasa aquí? Que foi o que me deches? Isto non era meu QUE C* FIXECHES? E por saber non sei nin que nome poñerlle a esta evidencia que cada día crece CANTO TE SOÑO! E QUE POUCO ME QUERES! (x4) la, laralá, laralá...
2.
Sempre 02:31
Sempre estiveches aí en cada pedra de sal que caía nas feridas que outros fixeron por ti en calquer outro lugar onde eu mendigaba a túa ausencia. E eu quedei aquí en alta mar sen velas nen remos para navegar. Non sei nadar, non sei sorrir, non sei como facer pra sobrevivir... só queda naufragar. Sempre dixeches que si, que poderías remar vento en contra na peor tormenta pero quixeches nadar para unha illa fugaz de deserto, espiñas e de area. Estabamos nós, eu mirábate a ti, non tiñamos forza xa para seguir. Quen remará? quen se tirará ao mar? quen terá a coraxe para continuar? quen quere escapar? x3
3.
Esta loita continuada Este peso difícil de levar Esta espiña que se crava é a que ti, só ti podes quitar. E non sabes que todo pode cambiar nun segundo todo pode cambiar Cantaremos outra vez la lará la la la Mirarémonos pra ver que non pasa nada Brindaremos pra dicir: "Sobrevivimos" Xuntaremonos pra rir co teu sorriso E eu estarei aquí como sempre prometín vixiando así como es feliz pódesme dicir: "non vai contigo" e eu podo sorrir co teu sorriso E non sabes que todo pode cambiar nun segundo todo pode cambiar non es consciente de que todo pode cambiar Cantaremos outra vez...
4.
Coa mirada 02:19
Xa me vou cansando de sempre cantar as mesmas cancións carentes dun final. É o mesmo canto que volve a rexurdir que ven arrastrando e que só fala de ti. Se che deixo... apagala luz é porque sei os teus ollos de memoria. E na escuridade, só cos beizos serás quen de roubarme o que á luz coa mirada. Ao rato e ao gato parecemos xogar e non é doado se queres escapar. Fágome de xeo, protéxome,meu ben! E de que me serve? Derrétome ao te ver. Se che deixo...
5.
Ninguén 04:05
Antes de sequera poder falar xa tiñan excusas pra xulgarnos. Antes de volvelo a intentar xa convidaban a retirarnos. Agora que non somos nada podemos selo todo. Agora que non son ninguén podo ser o que sempre soñei ser. E así podo dicir que non teño nada que demostrarlle a ninguén. Sobrevivirei aínda cos soños no lixo aínda coa cabeza pisada. Inventarei outras historias pra volver comezar e poder voar lonxe de aquí. Agora que non somos nada podemos selo todo. Agora que non son ninguén podo ser o que sempre soñei ser. E así podo dicir que non teño nada que demostrarlle a ninguén.
6.
Mirarte 01:57
Os teus ollos non precisan de ningún esforzo pra falar falan por si sós. Iluminan, cegan, matan, conquistan, prenden, atan... Tenden trampas pra facerme caer. Descansan en min pra verme tolear. Crávanse, crávanse no meu peito. Son puñáis, verdes puñáis que me quitan o alento. Ollos fatáis, arma letal, o vicio que máis doe, mirarte. Pero deixame morrer, deixame matar.
7.
Reincidentes 02:45
Somos reincidentes volvemos tropezar no fío que deixamos neste labirinto para non nos perder máis. Somos reincidentes e ao final resulta que non son inmortal que bastan os teus ollos pra quitarme a vida, pra me matar. De "superherois" batalla mortal o meu lume contra o teu xeo é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar? É inevitable que busque entre a xente ese teu ollar que ilumina todo e que deixa cego a aquel que o quere contemplar. É inevitable a tendencia a achegarnos na distancia aínda máis pois só busca respostas aquel que ten preguntas... e ti, qué queres preguntar? De "superherois" batalla mortal o teu lume contra o meu xeo é desafiar, ver quen aguanta máis... eu dispoñome a aguantar! De "superherois" batalla mortal o teu lume contra o meu lume é desafiar, ver quen aguanta máis... ata onde imos chegar?
8.
Simple 02:30
Co simple que se fai facer as cousas simples e nós empeñados en complicalas... Creo que xa vai sendo hora de deixar de perder o tempo en parvadas. E ti observas, e quedas así... e non dis nada! "No sé qué decirte" - dixeches tantas veces que eu xa perdín a conta e as ganas. E non ves que estou aquí como unha idiota aquí parada esperando a que te dignes a vir e perdas o medo e as trabas. E non ves que estou aquí coma se non pasade nada, pois son os teus ollos e é a túa mirada que... É a túa mirada a que me enche tamén que me paraliza e ata me quita a fala. E son os teus ollos os que non me deixan parar de cantar, de facer trampas. E que me parece tan inxusto non poder mirarte cara a cara. Porque non existe un "porque" pra esta maldita distancia. Cantos quilómetros son necesarios... pra borrar a túa pegada? Co simple que se fai facer as cousas simples, e nós empeñados en complicalas.
9.
A Confusión 02:24
(Para o poeta que me inspirou e deixou de escribir) Gastas a tinta, malgastas o tempo e desgastas as palabras. Cada novo verso semella un berro, un laio, un lamento unha cicatriz ao fin. Unha ferida que abre e pecha que intentas curar con sal que sempre queda aberta. Ata cando durará esta tortura túa? A confusión ven dada do teu sorriso. Os teus ollos prefiren permanecer pechados. Ollos que non ven, síntoma de cegueira. E eu son tinta, tinta invisible entre os teus versos... A confusión ven dada do teu sorriso. Os teus ollos prefiren permanecer pechados. Ollos que non ven, síntoma de cegueira. E eu son tinta, tinta invisible entre os teus versos...
10.
Despertar 02:58
Abrázame más fuerte, si cabe, que ayer y no me dejes en esta noche cerrada. Te pido que pares el tiempo como sabes hacer que no es momento para hablar de deudas pagadas. Será la oscuridad, fantasmas del ayer, será el viento huracanado que nos pretende envolver. Será la falta de escribir, el ansia por sanar esas viejas heridas que parecen no cerrar, parecen no cerrar. Ahora mírame a los ojos y déjate ver que tan solo quiero perderme en tu mirada. Pero a pesar de estar tan cerca puedo intuir los casi dos mil años luz que nos separan. Será el vacío de hoy será este cielo gris Será el viento huracanado que nos quiere destruír. Será mi forma de cantar, o el fantasma del ayer quizá los interrogantes que habitan mi mente hoy. Será mi ingenuidad el peligro de creer En la dulce utopía de que me puedas querer. Será tener que despertar de este sueño

about

Para MERCHANDISING - visita MJPEREZ.NET

credits

released August 20, 2013

license

tags

about

MJ_perez Galicia, Spain

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more

contact / help

Contact MJ_perez

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ollos que non ven, síntoma de cegueira., you may also like: