1. |
Correría O Risco
03:46
|
|||
Teño moi presente
Que isto non é fácil de encaixar.
Pero a vida é breve
E eu só creo no incondicional.
E eu aquí, estou aquí,
Para dalo todo sen esperar nada de ti
Por ti, eu por ti, sen condicións,
E sen nada máis que dicir.
Por ti correría o risco
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar.
E ti, farías o mesmo?
Apostarías todo, sen medo a perder ou...
Romper os esquemas,
Andar polo mundo do revés.
E eu aquí, estou aquí,
Non me conformo,
Queda moito por construír
En ti e ti en mi, sen condicións,
E un horizonte por descubrir.
Por ti correría o risco
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar.
E ti, farías o mesmo?
Apostarías todo sen medo a perder ou gañar?
Promesas no papel
Vanse co vento cando chegamos a perder.
Palabras de cristal
é o que nos queda cando chegamos a gañar.
E di, que pensas facer?
Apostaría todo sen medo a gañar ou perder.
Se por ti quero apostar
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar
Correndo o risco de perder,
Sen ter nada que gañar.
Por ti correría o risco
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar.
E ti, farías o mesmo?
Apostarías todo sen medo a perder ou gañar?
E di, que poder suceder?
Apostaría todo sen medo a gañar ou perder.
Se por ti quero apostar
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar
Correndo o risco de perder,
Sen ter nada que gañar.
Por ti correría o risco
Apostaría todo sen medo a perder ou gañar.
E ti, farías o mesmo?
Apostarías todo sen medo a perder ou gañar?
Sen medo a perder ou gañar.
Sen medo a perder ou gañar.
Sen medo a perder ou gañar.
|
||||
2. |
Ai De Min!
03:27
|
|||
Ai...! Ai de min!
Creo que metín a pata ata o fondo
Porque che contei todo, todo!
Todo... referente a min
Ai...! Que mala cabeza!
Mira ti que son pésima estratega!
Creo que ao final conseguín
Que non teñas nada por descubrir
E así eu vou cantando
E ti vas marcando o ritmo
E este baile non ten fin
Que da túa man eu ando
E nos teus ollos confío
E que máis podo pedir?
Mais, mira, non te confíes
Que nada é o que parece
Que eu xogo ao despiste
E co misterio da man
Mais ti abriches a porta
Quen puidera ser inmune!
E non ter nada na alma
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
Ai...! Ai... que si!
Que agora xa tes ti toda a vantaxe
Que xa me perdín nesta viaxe
Que me perdín en ti
E así eu vou cantando
E ti vas marcando o ritmo
E este baile non ten fin
Que da túa man eu ando
E nos teus ollos confío
E que máis podo pedir?
E ao final ti venciches
E eu quedei desarmada
Derrubaches a muralla
E o misterio quebrou!
Porque abriches a porta
Quen puidera ser inmune!
E non ter nada na alma
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
Que se puidera roubar
|
||||
3. |
Casandra
04:18
|
|||
Hoxe quero cantar
Baixo un ceo distinto
Onde respire ben
Onde me sinta ben
E non penso calar
Guíame o meu instinto
Quero sentirme ben
Quero sentirme ben
Quero sentirme ben
Quero sentirme ben
Só quero sentirme ben
Ou non penso volver
Queren verme fuxir
E darme por vencida
Non veño a contentar
Mais non penso calar
Palabras xordas son
Para persoas tan necias
Que non queren oír
Que non saben oír
Que non queren oír
Non nos queren oír
Rompe o silencio, que
Hai moito por facer
E eu sigo loitando
Alzando o meu berro
E anque quede sen voz
Non cesa o meu empeño
Mais ás veces canso
Afunden os meus versos
De que serve falar
Cando ninguén dá creto?
Pero sigo en pé
Non me deixo vencer
Farta do ceo gris
E do conflito absurdo
Dos que non queren comer
Nin deixan comer
E fan que custe respirar
Neste ambiente envelenado
Abre esa fiestra
Que quero ver o mar!
E quero respirar
E quero respirar
Un aire limpo que
Renove o meu ser
Todos os meus pasos
Sinalan co dedo
Sen nada que perder
Tampouco nada temo
Faga o que faga
Todo se cuestiona
E eu sigo a camiñar
Pois xa veño de volta
Basta de mentir!
Basta de mentir!
Basta de mentir
Que non vos queda ben!
|
||||
4. |
Se Non Queren Vir
02:45
|
|||
Pasan neste mundo
Cousas tan extrañas
Asombrosos feitos
Que me deixan aparvada
E hoxe estou aquí
Agora estou contigo
E ti máis eu xuntos imos abrindo este camiño
Se non queren vir
Se quedo só contigo
Mira ti por onde que ata me gusta este castigo
Se non vén ningén
Se non están contentos
Mira ti por onde que non está no meu pensamento
E que nos sinalen
E que nos critiquen
Que se tiren ben dos pelos
Se así son máis felices
Que falen de nós
Que digan o que queiran
Que eu coa túa presenza xa me dou por contenta
Se non queren vir
Se quedo só contigo
Mira ti por onde que ata me gusta este castigo
Se non vén ningén
Se non están contentos
Mira ti por onde que non está no meu pensamento
|
||||
5. |
Abril
04:05
|
|||
Quedei pasmando
Mirando o teu ollar
Era tan transparente
Que decidín quedar
E ti aí
Sen dicir palabra
Basta con sorrir
Basta con cantar
Lará la lá la
Lá lara láaaaa
Lara lala la la lara lá
Lá lara lá laaaa
Lá lara láaaaa
Chamei á túa porta
Pouco convencida
E quixeches abrir
Vaia! Mira ti, como é a vida!
Vouche cantar
Que mo pide o corpo
Trouxeches abril
Revolucionaches todo
Que ás veces hai
Que romper con todo
Para volvelo facer
Para facelo ben
#INSTRUMENTAL
Sigo pasmando
Mirando o teu sorriso
Que queres de min?
Eu déixome querer!
E ti aí
Sempre sen pedir nada
Basta con sorrir
Basta con cantar
Lará la lá la
Vouche cantar
Que mo pide o corpo
Trouxeches abril
Revolucionaches todo
Que ás veces hai
Que romper con todo
Para volvelo facer
Para facelo ben
|
||||
6. |
Cando Te Canses
03:32
|
|||
Cando te canses
De xogar con lume
De andar vendendo
De andar comprando fume
Cando te canses
De andar a cegas
Dando mil golpes
Partindo a testa
Cando te canses
Eu xa cheguei aquí
A este lugar
Ao noso punto de espera
Onde prometimos atoparnos
#INSTRUMENTAL
Cando te canses
De gastar os beizos
De andar probando
A que sabe o veleno
Ai, Cando te canses
De buscar tesouros
Cando o que brila
Non sempre é ouro
Cando te canses
Eu xa cheguei aquí
A este lugar
Ao noso punto de espera
Sen saber se vas vir
Cando te canses
De ter medo de min
E queiras vir
Ao noso punto de espera
Se cadra xa fuxín
Vivirei feliz lonxe de ti
|
||||
7. |
O Fío Do Que Pendo
03:51
|
|||
Non quero nada de ti
Eu non che pido nada
Máis o fío do que pendo é o silencio que nos ata
O fío do que pendo é o silencio que nos ata
E non che penso contar
Nin decir media palabra
Porque ás veces no silencio é como mellor se fala
Ás veces no silencio é como mellor se fala.
O fío do que pendo é o silencio que nos ata
Corre, corre fuxe de aquí e escapa
Eu non sei que fas aquí se non perdiches nada
Corre, corre fuxe de aquí e escapa
De non ser polos temores sobrarían as palabras
De non ser polos temores sobrarían as palabras.
Non quero pensar en ti
Eu non che debo nada
Pero canto máis me afasto máis recordo a túa mirada
Canto máis me afasto máis recordo a túa mirada.
É non quero continuar rodeada de pantasmas
Máis escoita o meu silencio e esquece as miñas palabras
Escoita o meu silencio e esquece as miñas palabras.
O fío do que pendo é o silencio que nos ata
Corre, corre fuxe de aquí e escapa
Que non sei que fas aquí se non perdiches nada
Corre, corre fuxe de aquí e escapa
De non ser polos temores sobrarían as palabras
De non ser polos temores sobrarían as palabras
|
||||
8. |
Sempre
02:53
|
|||
Sempre estiveches aí
En cada pedra de sal
Que caía nas feridas que
Outros fixeron por ti
En calquera outro lugar
Onde eu mendigaba a túa ausencia
E eu quedei aquí
En alta mar
Sen velas nen remos para navegar
Non sei nadar
Non sei sorrir
Non sei como facer para sobrevivir
Só queda naufragar!
Sempre dixeches que si
Que poderías remar
Vento en contra na peor tormenta
Pero quixeches nadar
Cara unha illa fugaz
De deserto, espiñas e de area
Estabamos nós
Eu mirábate a ti
Non tiñamos forza xa para seguir
Quen remará?
Quen se tirará ao mar?
Quen terá a coraxe para continuar?
Quen quere escapar?
Quen quere escapar?
Quen quere escapar?
Quen quere continuar?
Quen quere continuar?
|
||||
9. |
Ninguén
03:44
|
|||
Antes de sequera poder falar
Xa tiñan excusas para xulgarnos
Antes de volvelo a intentar
Xa convidaban a retirarnos
Agora que non somos nada
Podemos selo todo
E agora que non son ninguén
Podo ser o que sempre soñei ser
E así podo dicir
Que non teño nada que
Demostrarlle a ninguén
Sobrevivirei
Aínda cos soños no lixo
Aínda coa cabeza pisada
Inventarei
Outras historias para volver comezar
E poder voar lonxe de aquí
Agora que non somos nada
Podemos selo todo
E agora que eu non son ninguén
Podo ser o que sempre soñei ser
E así podo dicir
Que non teño nada que
Demostrarlle a ninguén
|
MJ_perez Galicia, Spain
MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun
xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.
O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións.
... more
Streaming and Download help
If you like Casandra, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp